Monday 13 de May de 2024

Uns 150 pequenos participarán este sábado no Día da Árbore no parque de San Roque


Este sábado 8 de abril terá lugar no parque periurbano de San Roque a partir das 11 horas unha nova conmemoración anual do Día da Árbore.

Participarán arredor de 150 pequenos procedentes da escola infantil municipal, a gardería Barbanziños e a ludoteca Xardín Ventureiro.

Coa axuda dos seus pais e nais, cada rapaz plantará un pequeno piñeiro en tanto que os profesores plantarán en común unha árbore de sombra de maior envergadura.

O acto finalizará cun contacontos.